Inicio Galicia Almuiña recibe a 8 dos estudantes galegos con mellores notas nas especialidades...

Almuiña recibe a 8 dos estudantes galegos con mellores notas nas especialidades MIR, FIR, PIR e QIR

0


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, recibiu esta mañá a oito dos estudantes galegos con mellores notas na formación sanitaria especializada de medicina (MIR), farmacia (FIR), química (QIR), e psicoloxía (PIR). No acto de recepción estiveron Manuel Busto Iglesias, Sara Pereira e Alejandro Martínez Pradeda, que quedaron de 4º, 6ª e 9º respectivamente na especialidade FIR; a Sandra Golpe Ferreiro e Alba Brugos Mirón, 8ª e 10ª posición no PIR; a José María Blasco Mata e Leticia Martínez Alonso, 3º e 9ª no QIR; e José Manuel Busto Leis, 1º no MIR.

Almuiña felicitou aos estudantes polo seu esforzo e interesouse en coñecer de primeira man as súas perspectivas de formación así como os seus intereses de desenvolvemento profesional para os vindeiros anos.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre