Inicio Galicia Almuiña lembra as medidas adoptadas dende Sanidade a prol da saúde das...

Almuiña lembra as medidas adoptadas dende Sanidade a prol da saúde das mulleres e dos seus dereitos sexuais e reprodutivos

0

O conselleiro afirmou en Parlamento que xa se reuniu o grupo de traballo que vai elaborar a Guía de atención no proceso de morte perinatal, coa que se pretende unificar a actuación nos hospitais públicos ante a difícil situación que supón para as nais perder un bebé durante o embarazo, no parto o ao pouco tempo de nacer

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, referiuse hoxe no Parlamento de Galicia ás medidas que está levando a cabo o Servizo Galego de Saúde a prol da saúde das mulleres e para garantir os seus dereitos sexuais e reprodutivos.

No que se refire á anticoncepción, Almuiña referiuse a labor realizada polos centros de saúde, como espazos que garante o acceso á información sobre os métodos anticonceptivos na contorna máis próxima da cidadanía. Nos casos no que o procedemento para instaurar o método elixido non estea dispoñible en atención primaria, a persoa será atendida noutros dispositivos asistenciais, centros de orientación familiar (COF) ou os hospitais.

O conselleiro lembrou que o Sergas conta con 145 matronas en atención primaria, 13 COF (4 na provincia da Coruña, 3 en Lugo, 4 en Ourense e 2 en Pontevedra) e 14 hospitais (urxencias e consultas de xinecoloxía). Ademais, segundo afirmou Almuiña, realízanse actividades formativas de asesoramento en anticoncepción dirixidas aos profesionais, xunto co Plan Proxecta, dirixidas ao profesorado.

Polo que se refire á saúde reprodutiva, o titular de Sanidade subliñou que o Sergas dispón de guías técnicas asistenciais, protocolos e procesos asistenciais integrados sobre a consulta preconcepcional e de embarazo normal; un procedemento de intervención en saúde no caso de violencia de xénero, no que se vai crear un apartado específico para maltrato infantil e maltrato obstétrico; e unha guía informativa para mulleres en situación de violencia de xénero.

Xunto a estas medidas Vázquez Almuiña informou que esta semana reuniuse o grupo de traballo que vai elaborar a Guía de atención no proceso de morte perinatal, que pretende unificar a actuación nos hospitais públicos ante a difícil situación que supón para as nais perder un bebé durante o embarazo, no parto o ao pouco tempo de nacer.

Almuiña tamén destacou os cursos de educación sanitaria de grupo pre e posnatal impartidos polas matronas de atención primaria as consultas puerperais que prestan as tralo nacemento do bebé, destacando o Conecta 72 como vía para facilitar o contacto da matrona coa muller e a formación en educación sanitaria para a atención ás mulleres menopáusicas. O conselleiro falou tamén do traballo que se está a realizar no fomento, protección e axuda á lactación materna, cos dous bancos de leite humana que existen na actualidade no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e no CHUS. No eido da prevención, Jesús Vázquez Almuiña lembrou a importancia do Programa galego de detección precoz do cancro de mama.

En canto a atención as mulleres embarazadas, o conselleiro explicou que dende o Sergas promóvese a consulta preconcepcional, a inclusión do test prenatal non invasivo dentro da estratexia de cribado prenatal de anomalías cromosómicas e a vacinación a todas as embarazadas contra a toseferina e tamén contamos cun protocolo de actuación no caso de mulleres embarazadas ou que desexen un embarazo e estiveran en lugares endémicos de virus do ZIKA.

Xunto a estas medidas, Almuiña dixo que na actualidade, tamén existe un protocolo específico para a atención á muller embarazada con trastornos aditivos e que o Sergas conta cun sistema de información para profesionais sanitarios sobre efectos teratoxénicos de fármacos e exposicións ambientais de risco. Ademais o -061 pon a disposición da cidadanía, un teléfono de atención sanitaria para consultar dúbidas acerca de diversos temas, entre eles, a información xeral sobre os riscos teratoxénicos de exposicións medicamentosas.

Interrupción voluntaria do embarazoRespecto da Interrupción voluntaria do embarazo (IVE) de menos de 14 semanas de xestación polas causas recollidas na lexislación, o conselleiro de Sanidade explicou que se lle ofrece á muller a posibilidade de escoller entre a realización nun hospital da rede publica galega ou nunha das clínicas que teñen autorización de uso en Galicia. No caso dos embarazos de ata 22 semanas, a aplicación da interrupción legal da xestación pode levarse a cabo nos sete principais hospitais galegos.

En canto ás interrupcións legais do embarazo a partir da 22 semana, despois de ser avaliadas polo Comité Clínico nomeado a tal efecto, concéntranse a súa realización, dende mediados do ano 2017 no Álvaro Cunqueiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre