Inicio Galicia Almuiña insiste na necesidade de incluír unha cláusula territorial para adaptar a...

Almuiña insiste na necesidade de incluír unha cláusula territorial para adaptar a reactivación social e económica a cada Comunidade Autónoma

0

Incide en que a área sanitaria sexa a delimitación xeográfica e plantexa distintas franxas horarias para o desconfinamento dos nenos e dos máis maiores

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, insistiu hoxe, na reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), en demandar a inclusión dunha “cláusula de salvagarda territorial” que, dentro dun marco común, permita dispoñer dunha marxe de flexibilidade para adaptar a realidade da nosa Comunidade Autónoma á reactivación social e económica. Neste senso o titular da carteira de Sanidade propúxolle tamén ao ministro Salvador Illa adaptar distintas franxas horarias para o desconfinamento dos nenos e dos máis maiores, así como para as actividades deportivas.

En liña coa proposta trasladada onte polo presidente da Xunta na Conferencia de Presidentes, Almuiña avogou por que sexan as áreas sanitarias as demarcacións territoriais nas que en Galicia se avalíe o cumprimento das capacidades sanitarias requeridas para levar a cabo o proceso de transición, desde o estado de alarma cara á reactivación social.

Por outra banda, o conselleiro de Sanidade solicitou no pleno do CISNS que no conxunto dos indicadores para o cumprimento das capacidades sanitarias requeridas para o proceso de transición, se valore a existencia dunha situación sostida no tempo, a avaliación dos criterios epidemiolóxicos tendo en conta o grao de urbanización, e a densidade demográfica do territorio, e a valoración dos indicadores de xeito conxunto e flexible. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre