Inicio Galicia Almuiña garante o mantemento da praza de pediatra en San Sadurniño

Almuiña garante o mantemento da praza de pediatra en San Sadurniño

0

O conselleiro afirmou no Parlamento que a praza non está en absoluto en cuestión, xa que é unha praza estrutural

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia que a praza de pediatría do concello coruñés de San Sadurniño non está en absoluto en cuestión, xa que é unha praza estrutural. O servizo de pediatría de San Sadurniño da cobertura aos nenos do concello e a maiores aos de Moeche, Cerdido e As Somozas.0Segundo explicou o titular da carteira de Sanidade, o que sucede é que na actualidade non hai facultativos para contratar, despois de que a pediatra que prestaba servizo a estes concellos incorporárase a un novo destino tras acadar a súa praza na correspondente oposición.

Ata que se poida incorporar un novo facultativo a esta praza, o servizo está atendido por distintos profesionais da Xerencia de Ferrol.

Almuiña insistiu na aposta da Consellería polo actual modelo de atención pediátrica especializada nos centros de saúde, pero recoñeceu a dificultade para contratar novos pediatras. No mercado laboral español non hai pediatras dispoñibles para a súa contratación xa que é un colectivo con paro cero. O conselleiro lembrou que dende Sanidade estanse a tomar medidas para paliar este déficit de pediatras como prorrogar a idade de xubilación e a reiterada petición ao Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social para poder aumentar a oferta de MIR en pediatría, pasando das 20 prazas actuais ata 26.

Por último, Almuiña lembrou que os médicos de familia están formados e capacitados tamén para atender nenos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre