Inicio Galicia Almuiña destaca que Santiago será a capital da innovación en saúde estes...

Almuiña destaca que Santiago será a capital da innovación en saúde estes días coa celebración do 21 Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria

0

Galicia acolle por primeira vez este congreso no que participan máis de 2.000 profesionais e xestores sanitarios


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentou esta mañá o 21 Congreso Nacional de Hospitais e Xestion Sanitaria que por primeira vez se celebra en Galicia. Este congreso contará coa participación de 2.031 directivos e xestores da sanidade baixo o lema Innovación Camiño da Sustentabilidade.

Almuiña destacou a importancia desta edición orientada á innovación na xestión sanitaria. Neste senso, reiterou a aposta realizada en Galicia en materia de innovación sanitaria e que o Sergas leva anos traballando e apostando para desenvolver esa innovación como un eixe da sostenibilidade do sistema.

Así, destacou que o Congreso dedicará unha área a experiencias innovadoras (Box Experience) onde se presentan proxectos innovadores que xa se están utilizando ou en fase de implantación. Almuiña lembrou que moitos destes proxectos son unha realidade en Galicia e xa se desenvolven no Sergas como a receita electrónica e a historia clínica electrónica.

En concreto, o Sergas ten unha participación moi importante nesta 21 edición e estará representado por máis de 400 profesionais. En total o Servizo Galego de Saúde defenderá máis de 250 das 950 comunicacións recibidas para desenvolver no Congreso, é dicir, o 26% que se van desenvolver nesta edición.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre