Inicio Galicia Almuiña destaca que o futuro Centro Integral de Saúde de Lalín estará...

Almuiña destaca que o futuro Centro Integral de Saúde de Lalín estará orientado ao paciente con criterios de máxima calidade e incorporará os servizos de hemodiálise e HADO

0

O Sergas está á espera de que o Concello remita a certificación do acordo de cesión gratuíta da parcela para elevala á escritura pública

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, afirmou hoxe en sede parlamentaria que o futuro Centro Integral de Saúde (CIS) de Lalín será un centro orientado ao paciente con criterios de máxima calidade e incorporará, entre outro servizos, a hemodiálise e a Hospitalización a domicilio (HADO). Neste senso, explicou que os criterios básicos para o deseño desta nova infraestrutura sanitaria do Sergas baséanse nunha alta accesibilidade, na resolución de procesos sen derivación, nunha alta dotación de medios diagnósticos e terapéuticos e na resolución dos procesos nunha consulta única.

O futuro CIS, que xa dispón do plan funcional, construirase nunha parcela de 15.335 m2 e albergará as instalacións do centro de saúde, o Punto de Atención Continuada, a Unidade HADO e tamén a base da ambulancia do 061. Non só dará servizo a Lalín, senón a toda a comarca do Deza, beneficiándose dos seus servizos preto de 38.000 habitantes dos concellos de Lalín, Agolada, Dozón, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A Consellería de Sanidade e o Sergas ratifican así o compromiso de achegar os servizos á poboación, mellorando a atención primaria e as infraestruturas sanitarias para dar resposta ás necesidades actuais da cidadanía.

Almuiña lembrou que a cesión gratuíta da parcela foi aprobada polo Consello da Xunta o pasado 11 de abril e que o Sergas está a espera de que o Concello de Lalín remita a certificación do acordo para proceder ao trámite de elevar a escritura pública esta cesión ante notario.

Achegar os servizos á cidadaníaAsemade, o conselleiro de Sanidade destacou que o Sergas sacou a licitación o pasado 27 de marzo a contratación do servizo de hemodiálise extrahospitalaria para a comarca do Deza, por un importe de máis de 2,7 millóns de euros, licitación cuxo prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro xoves, día 2 de maio.

Coa contratación deste servizo, o Sergas busca satisfacer as necesidades dos doentes que non están transplantados e que precisan deste tratamento, facilitar o servizo cunha maior proximidade (tanto física como temporal) no tratamento aos pacientes e ao seu entorno familiar, minimizando os eventuais inconvenientes relacionados cos desprazamentos. Estímase que se poderán beneficiar desta prestación ao redor de 45 pacientes cunha media de 13 sesións de diálise mensuais, o que supón en torno ás 7.000 sesión anuais.

O Sergas puxo tamén en marcha, o pasado 10 de decembro, una Unidade de HADO neste municipio. Neste período, o número de ingresos ascende xa a 35 pacientes e realizáronse un total de 178 visitas por parte do persoal desta unidade.

O titular da carteira sanitaria galega considera que Lalín dispón dunha atención primaria de calidade e subliñou que nestes momentos, o concello ten incorporadas todas as actividades de servizos coas que conta este primeiro nivel asistencial, tanto en atención ordinaria (medicina de familia, pediatría e enfermería), como en servizos de apoio (fisioterapia, odontoloxía, matrona, farmacia e, incluso, radioloxía).

O centro de saúde de Lalín conta con especialistas de nivel hospitalario que prestan asistencia dentro do concello. “Hai profesionais das especialidades de rehabilitación, oftalmoloxía, traumatoloxía, xinecoloxía e obstetricia, que pasan consulta no centro de saúde”, dixo o conselleiro, engadindo que son estas especialidades as que concentran a maior demanda en atención hospitalaria.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre