Inicio Galicia Almuiña destaca o potencial da investigación e innovación do sector sanitario como...

Almuiña destaca o potencial da investigación e innovación do sector sanitario como motor de desenvolvemento económico

0


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou hoxe que a recente entrada en vigor da modificación da Lei de Saúde permite “visibilizar o potencial da investigación e innovación como dinamizadores para que o sector sanitario actúe como motor de desenvolvemento económico en Galicia”. Almuiña destacou os avances acadados no ámbito do I+D sanitario nos últimos anos e animou a seguir traballando nesta liña “precisamos seguir crendo na nosa potencialidade, na de cada un de nós, e na de todos xuntos: complementariedade e multidisciplinariedade é unha das claves para o noso éxito, e o noso sistema poséeo; é un valor inherente que non podemos permitirnos desperdiciar”.

Almuiña inaugurou esta mañá a VI Xornada BioIntegraSaúde 2018, na que participan arredor de 200 profesionais vinculados aos tres Institutos de investigación sanitaria de Galicia: o de Galicia Sur (Vigo, Ourense e Pontevedra); o de A Coruña e o de Santiago de Compostela. Almuiña destacou a importancia deste encontro xa consolidado que permite dar a coñecer os avances científicos en cada unha das áreas e as súas liñas ao resto da comunidade investigadora e aos clínicos, a visibilidade dos profesionais investigadores, e a aproximación entre a xestión e a investigación.

Leer más:  El alcalde de Cercedo-Cotobade ciñe la participación municipal en la 'cena de mujeres' a la cesión del pabellón

- Te recomendamos -