Inicio Galicia Almuiña destaca o papel do Rexistro galego de pacientes con enfermidades raras...

Almuiña destaca o papel do Rexistro galego de pacientes con enfermidades raras como paso fundamental na abordaxe destas doenzas

0


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña remarcou a importancia do Rexistro galego de pacientes con enfermidades raras (RERGA) na inauguración da I Xornada sobre enfermidades raras celebrada hoxe en Santiago con motivo do día Mundial destas doenzas, que en Galicia afectan aproximadamente a 200.000 persoas. Almuiña lembrou a necesidade dunha abordaxe integral destas enfermidades, tal e como recolle a Estratexia Sergas 2020.

O conselleiro referiuse a creación do RERGA como un primeiro e fundamental paso “porque permitirá coñecer a incidencia e prevalencia das patoloxías minoritarias, vai aportar coñecemento sobre a súa evolución e permitirá orientar a planificación e xestión sanitaria, as actividades preventivas, asistenciais e a investigación”. O Sergas, lembrou Almuiña, está a traballar no Plan de acción de Galicia sobre enfermidades raras, co asesoramento de profesionais expertos e coas achegas das asociacións de pacientes

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre