Inicio Galicia Almuiña destaca o crecente protagonismo da cirurxía maior ambulatoria que no primeiro...

Almuiña destaca o crecente protagonismo da cirurxía maior ambulatoria que no primeiro semestre do ano supera as 112.000 intervencións

0

O conselleiro de Sanidade tamén destacou a importancia dos programas de prevención do cancro, como o de mama ou o de colon


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou hoxe, no acto de inauguración da LXIII Reunión da Sociedade de Cirurxía de Galicia, o crecente protagonismo da cirurxía maior ambulatoria dentro da actividade cirúrxica do Sergas. Así, os datos do primeiro semestre do ano reflicten un total de 112.319 intervencións desta cirurxía, 1.945 máis que no mesmo período do pasado ano.

Tamén destacou que a 30 de xuño deste ano acadáronse os mellores tempos medios de espera en cirurxía, sendo de 56,4 días, o mellor dato dende que se normalizou o rexistro do Sistema Nacional de Saúde.

A programación cirúrxica realízase, -proseguiu Almuiña-, en base á gravidade da patoloxía, priorizándose en función dos criterios clínicos, e proba desta xestión cirúrxica son os tempos medios para a súa realización en prioridade 1, que foi de 16 días.

Importancia do diagnóstico precozNa súa intervención, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego remarcou a importancia do diagnóstico precoz, de aí a importancia de seguir avanzando na implicación da poboación para que sexa consciente de que un diagnóstico temperá vai marcar a diferencia, xa que asegura unha alta porcentaxe de éxito.

Os programas de cribado que ten en marcha Sanidade, como o de mama ou o de colon son ferramentas moi importantes, cunha gran aceptación e que están a amosar uns moi bos resultados, dixo o conselleiro.

O conselleiro incidiu en que só dende a prevención e a concienciación, sumado por suposto aos avances científicos, aos novos tratamentos e con excelentes profesionais, lograremos avanzar en saúde. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre