Inicio Galicia Almuiña destaca ante médicos galegos de todo o mundo a capacidade de...

Almuiña destaca ante médicos galegos de todo o mundo a capacidade de adaptación do Sergas aos novos retos sanitarios

0


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou hoxe ante os participantes no I Encontro Mundial de Médicos Galegos, a capacidade de adaptación do Sergas ante os novos retos sanitarios, tales como o envellecemento da poboación e a cronicidade. Almuiña referiuse á sanidade galega como “innovadora” e onde o paciente está presente en todas as decisións e actuacións.

Almuiña afirmou que o Servizo Galego de Saúde, ao igual que traballa para que o sistema funcione do mellor xeito posible e prestar atención de calidade, tamén aposta pola planificación a futuro e pola colaboración cos pacientes e as asociacións; sen esquecer a mellora de infraestruturas, os programas de prevención e a importancia de ter profesionais comprometidos e coidados.

O conselleiro lembrou tamén que hoxe en día os pacientes son máis activos e autónomos, e que a sanidade conta con profesionais da medicina comprometidos e competentes, e con mellores infraestruturas e tecnoloxía. Segundo Almuiña, todo isto contribúe a que se poida dar resposta ás necesidades de saúde das persoas do mellor xeito posible.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre