Inicio Galicia Almuiña defende que a sanidade pública galega ten a día de hoxe...

Almuiña defende que a sanidade pública galega ten a día de hoxe o maior orzamento e o maior número de profesionais da súa historia

0

O conselleiro tamén destacou o alto índice de actividade e a baixada das cifras das listas de espera

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, manifestou hoxe no Parlamento que a política do Goberno galego no tocante á sanidade pública “non ten outro obxectivo que defendela, protexela e por suposto mellorala”. Almuiña respaldou esta afirmación coas cifras do presuposto para Sanidade, que supón un 40,5% do orzamento da Xunta (un 35,7% en 2008) e que a día de hoxe é de 3.985 millóns de euros, 349 millóns máis que en 2008. Tamén fixo fincapé nos 38.609 profesionais que traballan no Servizo Galego de Saúde en 2019, un 6,5% máis dos 36.256 que había en 2008.

En canto á espera media cirúrxica, o conselleiro afirmou que o Sergas ten as cifras máis baixas da serie histórica, con 61,6 días (un 11% menos que en 2008, con 69,5 días) e tamén as mellores cifras da espera media de prioridade I que se sitúa en 19,4 días, (un 52% menos que en 2008 con 40,1 días). Así mesmo aumentou a actividade nos quirófanos, cun 37% máis que en 2008 e con máis do dobre de cirurxías maiores ambulatorias que hai dez anos.

Tamén lembrou Almuiña que dende Sanidade “seguimos a impulsar e reforzar accións de mellora encamiñadas a reordenar a actividade asistencial, o establecemento de mecanismos de coordinación entre os niveis de atención, así como instrumentos de control e avaliación da xestión de tempos e recursos”. Así o conselleiro destacou feitos como a Lei de Garantías de prestacións sanitarias que permitiu o recoñecemento de máis dereitos para os pacientes; os novos medios de prevención como os cribados de cancro ou as novas infraestruturas hospitalarias e de centros de saúde, así como melloras e ampliacións nas existentes. Referiuse tamén á estabilidade dos traballadores do Sergas, co 88% da plantilla estrutural en carácter estable.

O conselleiro tamén remarcou a mellora da situación dos profesionais coa recuperación de retribucións, o recoñecemento da carreira profesional, as ofertas públicas de emprego anuais ou o concurso de traslados aberto e permanente. Xunto a estas medidas, Almuiña fixo mención as melloras nas ferramentas para os profesionais como a receita electrónica, e-interconsultas, historia clínica electrónica, vías rápidas ou consulta telefónica entre outras.

Cambios no modelo organizativoAlmuiña asegurou que “sabemos que temos unha boa Sanidade Pública pero sabemos tamén que a nosa sanidade ten que adaptarse ás novas necesidades e seguir mellorando, e estamos traballando para mellorala, baseándonos en datos e feitos reais e sobre todo contando coa colaboración dos profesionais e dos pacientes”. O conselleiro afirmou tamén “que os cambios que precisa o modelo organizativo só serán posibles dende o diálogo e o traballo colaborativo da Administración, os profesionais e a cidadanía”.

Neste contexto, Almuiña fixo mención aos grupos de traballo creados o pasado decembro con todas as categorías das áreas sanitarias e de xestión, dos colexios profesionais e sociedades de médicos de familia, de enfermería especialista de atención primaria, membros do Consello Asesor de Sanidade e sociedades científicas. O conselleiro referiuse tamén a avaliación de medidas como a modificación da estrutura directiva nas áreas sanitarias para crear unha dirección de atención primaria, ou o acordo acadado cos sindicatos para a creación dunha nova modalidade contractual que vai permitir vínculos temporais máis amplos cos médicos de atención primaria. Tamén lembrou que mantivo unha xuntanza coa ministra de Sanidade o pasado día catro na que lle reiterou a súa petición de eliminación da taxa de reposición e que se incrementen as prazas acreditadas de MIR en Galicia.

Atención pediátricaAlmuiña remarcou a aposta da Consellería de Sanidade por manter o modelo de atención pediátrica especializada nos centros de saúde para os nenos galegos. Segundo dixo, Galicia é unha das comunidades con maior taxa de cobertura pediátrica, próxima ao 90%. É dicir case o 90% das prazas de pediatría en atención primaria están cubertas por especialistas. Esta porcentaxe contrasta co 58% de Castela-A Mancha ou coa cobertura de Estremadura, Madrid, Canarias, Murcia ou Andalucía entre outras, que rondan o 70%.

O conselleiro de Sanidade destacou que, aínda que a día de hoxe hai en Galicia 4.516 nenos menos que en 2010, o número de pediatras mantense estable, arredor de 300. No tocante ás ratios de nenos por pediatra, en Galicia é de 941, mentres que a media española é de 1.018. Almuiña recoñeceu a dificultade de contratación de novos pediatras, xa que é un colectivo con taxa de paro cero, pero insistiu en que sempre que é posible cóbrense as xubilacións, baixas, permisos e vacacións.

Finalmente, Almuiña referiu que Galicia é a terceira comunidade con maior gasto público por habitante/ano en farmacia, con 411 euros, só superada por Estremadura e Asturias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre