Inicio Galicia Almuiña avanza a ampliación do centro de saúde do Porriño en preto...

Almuiña avanza a ampliación do centro de saúde do Porriño en preto de 700 metros cadrados útiles

0

O Plan de espazos contempla un aumento de superficie tanto na área médica, como na pediátrica e no Punto de Atención Continuada, incrementado espazos e consultas


O centro de saúde do Porriño verá incrementada a súa superficie útil en preto de 700 metros cadrados. Así o avanzou hoxe o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, durante a súa visita á instalación sanitaria do Porriño, acompañado polo xerente da área sanitaria de Vigo, Félix Rubial.

Segundo explicou o titular da carteira sanitaria de Galicia, o plan funcional de espazos do centro de saúde do Porriño, contempla un incremento de superficie tanto na área de urxencias (Punto de Atención Continuada), como na área médica e pediátrica, adaptándose así as necesidades asistenciais e de persoal actuais e futuras do Concello do Porriño.

Neste senso, e en base ao devandito plan funcional, a área médica incrementarase en preto de 190 m2 útiles, contemplando unha nova a consulta de medicina de familia, outra de pediatría, 1 sala de toma de mostras e unha consulta de matrona. Tamén contempla una sala de docencia e unha consulta de programa da muller. O Plan funcional de espazos inclúe unha área de fisioterapia de preto de 150 m2 útiles, mentres que o PAC verá ampliado a súa superficie en preto de 130 m2 útiles e dotarase con 2 novas consultas de medicina, 1 DUE e unha nova sala de observación, entre outros espazos.

Novo modelo de atención primaria en GaliciaDurante a súa visita ao centro de saúde do Porriño, Almuiña lembrou a invitación feita polo seu departamento a todos os profesionais de atención primaria para que fagan chegar as súas aportacións, propostas de mellora e medidas a corto, medio e longo prazo, dentro do proceso de redefinición deste primer nivel asistencial, que a través dos seis grupos acordados o pasado 18 de decembro, configurará o novo modelo de atención primaria en Galicia.

As propostas poderán remitirse entre o 7 e o 31 de xaneiro. As conclusións e as liñas mestras sobre este novo modelo, así como as primeiras accións a desenvolver, derivadas de todo este proceso, estarán definidas na primeira quincena do mes de febreiro. Os encontros terán lugar o 8 de xaneiro, no caso de médicos e enfermeiros, ademais doutros colectivos, e o 9 para persoal de servizos xerais e fisioterapeutas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre