Inicio Galicia Almuiña afirma que o Sergas está a levar a cabo o maior...

Almuiña afirma que o Sergas está a levar a cabo o maior investimento sanitario da historia na área de Ferrol

0

O conselleiro lembra que o Sergas tivo que recorrer á Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese para poder continuar coas obras, ante a falta de resposta do concello ao convenio proposto pola Xunta

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, informou hoxe no Parlamento sobre as obras de execución do Plan Director do Complexo Hospitalario de Ferrol (CHUF), que comezaron a Fase I o pasado día 30 de setembro. Esta fase conta cun investimento de 50 millóns de euros, do total de 130 orzamentados para todo o Plan e supón o maior investimento sanitario levado a cabo na área de Ferrol.

Almuiña quixo destacar as medidas que tivo que adoptar o seu departamento para poder avanzar nos prazos de execución, logo de que estiveran agardando casi un ano pola resposta do concello sobre o convenio para as obras e a solicitude de licencia de obras do proxecto básico e de execución da Fase I. Ante o silencio municipal, o Sergas recorreu á Lei 3/2016, de 1 de marzo de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, xa que as obras da Fase I eran urxentes para poder mellorar as infraestruturas existentes o antes posible e poder avanzar no proxecto.

Esta Fase I implica, dixo o conselleiro, a construción de dous novos edificios, un asistencial e outro de apoio, e comeza por áreas funcionais asistenciais definidas no Plan Director como prioritarias. Prevé actuacións de mellora fundamentalmente en varios servizos hospitalarios tales como plantas de hospitalización, urxencias, UCI pediátrica e de adultos, neurociencias, cardioloxía, diálise, radioloxía, farmacia e cociña.

Segundo referiu Almuiña, os novos edificios albergarán o hospital de día, cardioloxía, diálise, UCI e neonatoloxía, e consultas externas e gabinetes, xerencia, dirección e administración, nefroloxía e diálise, pediatría, UCI pediátrica e UCI adultos, así como a nova hospitalización. As obras desta fase tamén recolle unha serie de actuacións no Hospital Naval, concretamente unha serie de reformas interiores para habilitar os espazos necesarios para o traslado de servizos dende o Hospital Arquitecto Marcide.

O conselleiro de Sanidade sinalou que “nuns meses remataremos a Fase I, podendo, desde ese mesmo momento, desfrutar das novas instalacións os veciños e veciñas da área sanitaria de Ferrol”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre