Inicio Galicia Alfonso Rueda visitou as obras de restauración do pazo de Quintáns no...

Alfonso Rueda visitou as obras de restauración do pazo de Quintáns no concello de Sanxenxo

0

O Goberno galego colaborou no acondicionamento dos xardíns e as fincas deste conxunto arquitectónico, cunha achega de 15.000 euros


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, desprazouse hoxe ao concello de Sanxenxo, onde acompañado do seu alcalde Telmo Martín, visitou as obras de restauración do Pazo de Quintáns. Á visita tamén acudiron a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

En virtude dun convenio asinado entre a Vicepresidencia da Xunta e o concello de Sanxenxo, a Administración autonómica investiu o ano pasado 15.000 euros na limpeza e mantemento dos xardíns históricos do pazo e das súas fincas anexas, que conforman unha superficie de case 10.000 metros cadrados. O Goberno galego colabora así no proxecto da entidade local para rehabilitar este conxunto arquitectónico catalogado como Ben de Interese Cultural contribuíndo á recuperación ambiental do espazo natural degradado.

A Xunta financiou con este acordo labores de roce de maleza das parcelas interiores do pazo; a poda dos exemplares do xardín e sobre o peche; así como a eliminación das plantas invasoras e das árbores danadas nos xardíns, nas enredadeiras e nos muros do edificio.

O vicepresidente da Xunta destacou que a colaboración que vén mantendo o Goberno galego co concello de Sanxenxo permitiu bos resultados en distintos ámbitos como a seguridade cidadá ou as emerxencias. Así, nos últimos anos ambas administracións acordaron a contratación de auxiliares de Policía Local para o verán e este ano a Xunta financiou a compra dun vehículo co que o corpo de seguridade poida mellorar a atención cidadá e a protección ambiental. Ademais, desde que en 2013 comezaron a funcionar os Grupos de Emerxencias Supramunicipais na nosa comunidade, o GES de Sanxenxo ten recibido axudas da Xunta para o seu funcionamento e para mellorar o seu equipamento.

A Administración autonómica tamén colaborou este ano nun proxecto ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental para restaurar o parque de Punta Vicaño. Alfonso Rueda resaltou que o concello de Sanxenxo é un exemplo de colaboración institucional, xa que pertence á Mancomunidade do Salnés, que este 2019 ten concedida unha axuda para o mantemento dos seus servizos ambientais. A Xunta concedeu neste exercicio axudas ao concello de máis de 213.700 euros, que nos últimos anos ascenden a case 800.000 euros. Esta colaboración levouse a cabo con distintos convenios, coas axudas á Mancomunidade, coas axudas do Fondo de Compensación Ambiental e tamén a través da Orde de Infraestruturas de uso público, da que hoxe se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para 2020.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre