Inicio Galicia Alfonso Rueda visita as instalacións de Carlos Conde Peluqueros, gañador do Premio...

Alfonso Rueda visita as instalacións de Carlos Conde Peluqueros, gañador do Premio á Excelencia Profesional 2020

0


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda mantivo está mañá unha xuntanza con Carlos Conde, fundador de Carlos Conde Peluqueros, empresa vencedora do Premio á Excelencia Profesional 2020 concedido polo Instituto para a Excelencia Profesional.

Alfonso Rueda visitou esta mañá as oficinas centrais da empresa na cidade de Pontevedra, onde gabou a traxectoria da empresa como referente no sector da peluquería masculina -barbería. O titular da Vicepresidencia indicou que “é unha empresa con moita xente xoven, moita xente xoven con moita formación, nun sector no que segue medrando e creando postos de traballo, o que é un orgullo para Pontevedra e para toda Galicia”.

Segundo lle indicou o propio Carlos Conde, no ano 2019 abriu máis de 50 franquicias que dan traballo a 375 persoas e a súa previsión é finalizar o ano 2020 cun centenar de centros abertos por toda a xeografía española.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre