Inicio Galicia Alfonso Rueda mantén unha xuntanza con representantes dos colectivos "Amigos do Camiño...

Alfonso Rueda mantén unha xuntanza con representantes dos colectivos "Amigos do Camiño de Santiago" coa vista posta na replanificación do Xacobeo 2021

0

O vicepresidente primeiro Alfonso Rueda, explicoulles que vai ser un Xacobeo adaptado aos novos tempos e descentralizado por toda a xeografía galega

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde unha xuntanza con representantes das Asociacións e Fundacións de Amigos do Camiño de Santiago coa vista posta na readaptación do vindeiro Xacobeo 2021.

O vicepresidente primeiro, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e da delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, explicoulles que a idea é ofrecer un novo Xacobeo adaptado aos novos tempos, descentralizado por toda a xeografía galega. Un Xacobeo con centos de actos mais pequenos pero coa premisa de estendelo Xacobeo por toda a comunidade.

Nesta liña, incidiu en que hai que “manter o espírito de que se pode peregrinar” pese á pandemia porque o Camiño é seguro, ao igual que os albergues públicos, que están a funcionar con tódalas medidas de prevención fronte á covid-19. Alfonso Rueda tamén sinalou a necesidade de apostar por un Xacobeo “máis pegado ao terreo” e que chegue a tódolos concellos galegos, non só polos que pasan as distintas rutas xacobeas, co obxectivo de que “toda Galicia participe e se sinta orgullosa deste fenómeno”, que suporá “unha oportunidade histórica” para reactivar o sector.

Ademais, indicou que agora é o momento de traballar xuntos, de procurar solucións polo que este tipo de xuntanzas son moi necesarias para poñer en común novas ideas e sobre todo para seguir traballando co mesmo obxectivo, que é acadar un Xacobeo excepcional.

Finalmente, Alfonso Rueda agradeceu aos representantes das diversas asociacións que asistiron á reunión de traballo, a súa total vocación, xa que son un dos puntais para que o Camiño siga sendo unha referencia para o turismo e tal como lles indicou para que sexan “os nosos ollos no Camiño”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre