Inicio Galicia Alfonso Rueda e Rosa Quintana enxalzan o labor e a entrega de...

Alfonso Rueda e Rosa Quintana enxalzan o labor e a entrega de Ignacio Montenegro a través do Club Náutico de San Vicente do Mar

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacaron hoxe o labor de Ignacio Montenegro, falecido no mes de abril deste ano, á fronte do Club Náutico San Vicente do Mar. Rosa Quintana definiuno como “un binomio do bo carácter e do traballo xeneroso, un home extraordinario e un traballador entregado á súa paixón: o mar do Grove”. Un home, engadiu, “de consensos, dialogante, paciente e aberto, cunha vida entregada ao mar, bo e xeneroso e que viviu para O Grove e por Galicia”. Alfonso Rueda, pola súa banda, puxo en valor o seu compromiso coa comunidade e cos valores da cultura, o deporte e o medio ambiente. Tamén eloxiou a importancia do seu labor como embaixador do Grove e de Galicia.

Así o sinalaron durante a homenaxe póstuma ao que foi presidente do Club Náutico de San Vicente do Mar. Nesta homenaxe inaugurouse o Paseo Ignacio Montenegro, unha das vías de acceso ao Club Náutico de San Vicente do Mar, e descubriuse unha placa conmemorativa da figura deste impulsor da proxección turística internacional do porto deportivo Pedras Negras e do conxunto do municipio grovense.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre