Inicio Galicia Alfonso Rueda destaca na presentación do Rally Terra da Auga a...

Alfonso Rueda destaca na presentación do Rally Terra da Auga a importancia desta proba na promoción de Galicia como destino turístico seguro

0
image_gallery.jpg


O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación da cuarta edición do Rally Terra da Auga, no que colabora a Xunta, e que se celebrará o 25 e 26 de setembro na comarca de Arzúa. Destacou que esta proba deportiva de referencia a nivel nacional permitirá promocionar Galicia como destino turístico seguro e de calidade, sobre todo dos destinos do interior galego e do Camiño de Santiago, que tamén pasa por esta zona.

Alfonso Rueda tamén incidiu na importancia de que esta proba deportiva se vaia levar a cabo con tódalas medidas de prevención fronte á covid-19, o que contribúe a reforzar a idea de que Galicia é un destino seguro. A Xunta inclúe no seu Plan de Reactivación do sector turístico, dotado con 58 millóns de euros, o programa Galicia Destino Seguro ao que se destinan 8 millóns de euros co obxectivo de promover a comunidade como un destino fiable e de calidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre