Inicio Galicia Agricultores alemáns coñecen o sector agrario e da transformación de Galicia da...

Agricultores alemáns coñecen o sector agrario e da transformación de Galicia da man da Xunta

0

Un total de 36 membros da asociación de gandeiros da comarca de Gütersloh, na rexión alemana de Westfalia, visitaron unha serie de empresas agroalimentarias ao longo desta semana


A Consellería do Medio Rural, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, organizou esta semana unha serie de saídas a diversas empresas do sector agrogandeiro galego para que 36 agricultores da rexión alemana de Westfalia coñeceran o funcionamento do noso eido primario.

A primeira visita do grupo foi no propio Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, dependente da propia consellería, para describirlles o sector agrario e da transformación de Galicia, así como os traballos máis importantes no ámbito da investigación aplicada orientada ao eido agrario que aquí se desenvolven.

Ao longo da semana, os membros da asociación de gandeiros da comarca de Gütersloh visitaron as instalacións da cooperativa Os Irmandiños, en Ribadeo, para ver as últimas novidades no sector leiteiro e de fabricación de pensos. No tocante ao sector da horta, desprazáronse ata o concello lugués de Begonte para coñecer a produción de froitos silvestres da man da empresa Surexport.

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

Tamén se achegaron aos concellos pontevedreses de Silleda, para interesarse polo sector porcino, e a Estrada, para a produción de sidra. Sen esquecer un dos eidos agroalimentarios máis exportador de Galicia, o do viño, coa visita á bodega de Martín Códax. Desta forma, os agricultores alemáns puideron aprender novas técnicas de produción e as últimas tecnoloxías empregadas para mellorar a produción e transformación dos produtos galegos.

Importancia do sector agrario en WestfaliaNa rexión de Westfalia existe unha agricultura moi especializada e tecnificada de gran importancia no sector agrario de Alemaña. Os 36 compoñentes desta asociación contan con explotacións, moitas delas diversificadas, pertencentes aos sectores produtivos de gandaría, horticultura e labradío.

Este encontro foi auspiciado pola Cámara de Agricultura de Renania-Westfalia (LWK), administración competente no ámbito agrario e ambiental nese estado federal. Trátase dun intercambio que se leva realizando dende 2002, onde o pasado ano foron 20 asesores rurais galegos os que realizaron unha serie de visitas a explotacións agrarias desta zona. 


- Te recomendamos -