Inicio Galicia Aenor certifica aos tres hospitais de Día de Oncohematoloxía da provincia de...

Aenor certifica aos tres hospitais de Día de Oncohematoloxía da provincia de Lugo pola calidade asistencial e o seu sistema de xestión de riscos

0

Coa concesión deste certificado, AENOR recoñece a calidade do traballo do equipo de profesionais dos tres Hospitais de Día de Oncohematoloxía (HULA, Hospital da Costa e Hospital de Monforte)


Os tres Hospitais de Día de Oncohematoloxía da provincia (o do HULA, o do Hospital da Costa e o do Hospital de Monforte de Lemos) obtiveron unha certificación ISO conforme á norma UNE 179003, polo seu sistema de xestión de riscos para a aumentar a seguridade do paciente. A concesión desta certificación por parte de AENOR (Asociación Española de Normalización e Certificación) supón un recoñecemento expreso ao labor realizado polo equipo de profesionais dos tres hospitais de día, así como á calidade do traballo que realizan.

A entrega das certificacións de calidade e xestión de riscos aos tres Hospitais de Día de Oncohematoloxía foi presidida esta mañá polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e polo xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte, Ramón Ares Rico. O director de AENOR Internacional na Rexión Atlántica, Martín Pita López, foi o encargado de entregar as correspondentes certificacións aos responsables de cada un dos hospitais de día oncohematolóxicos da provincia.

A concesión desta certificación de calidade contribúe a consolidar o modelo de asistencia aos procesos oncolóxicos implantado na EOXI de Lugo, Cervo e Monforte, que pretende levar a asistencia máis especializada ao lugar máis próximo posible á residencia do paciente, mantendo os mesmos criterios de calidade e accesibilidade, e buscando sempre a excelencia, independentemente do sitio donde resida o paciente.

Leer más:  Galicia ocupó el quinto lugar en el número de muertes en el trabajo en 2023, destacándose especialmente los casos de infartos

Os distintos servizos hospitalarios están sometidos hoxe en día a grandes desafíos derivados do aumento constante da súa actividade asistencial e da progresiva complexidade e especialización dos procesos e técnicas empregadas. Esta situación xera un incremento dos riscos asociados aos procesos de atención, que os profesionais pretenden minimizar. De aí a adopción de medidas de xestión de riscos como as implantadas nos tres hospitais de Día de Oncohematoloxía da EOXI de Lugo, que conlevan a implantación de sistemas de xestión de riscos nas diferentes unidades e servizos oncolóxicos para conseguir os niveis máis altos de calidade, acadar a maior seguridade e satisfacción do paciente e aumentar a eficacia clínica.

O sistema de xestión implantado nos hospitais de día da provincia, e agora validado con esta certificación por AENOR, busca identificar as situacións de risco que se podan producir ao largo do período asistencial e implantar accións para a súa redución e prevención. A seguridade do paciente implica practicar unha atención libre de danos evitables, o que supón desenvolver procesos encamiñados a reducir a probabilidade de aparición de fallos e erros na asistencia, aumentar a probabilidade de detectalos, establecer accións para a súa redución e prevención, e mitigar as súas consecuencias, como acontece actualmente co sistema de traballo empregado nos tres hospitais de día oncohematoloxía da provincia. Porque a seguridade do paciente é un dos obxectivos estratéxicos da EOXI de Lugo.

Leer más:  Primeras matrículas universitarias gratis en Galicia, primera promesa electoral de Rueda en campaña

Entre as vantaxes da implantación dun sistema para a xestión de riscos figuran as de reducir ou eliminar os perigos aos que poda estar sometido o paciente ao longo do seu tránsito polo sistema sanitario, reducir os incidentes adversos que se podan producir durante a atención, xestionar os riscos de forma proactiva, xerar maior confianza no sistema por parte dos pacientes e dos propios profesionais e obter mellores resultados clínicos, entre outras. A concesión destas acreditacións aos tres hospitais de día de oncohematoloxía da provincia supón, polo tanto, que o modelo de traballo empregado polo persoal destas unidades reúne os requisitos de calidade, xestión e seguridade que esixe AENOR. A certificación dun sistema de xestión de riscos para a seguridade do paciente aporta confianza aos usuarios, aos profesionais e á administración, mellora a práctica clínica e a seguridade dos pacientes.

Despois de varios meses de traballo continuo, de adaptar as súas actividades e procedementos ás esixencias da Norma, e tras solicitar a concesión do certificado a AENOR, os tres hospitais de día da provincia sometéronse a auditorías, tanto internas e como externas, para verificar a adecuación do seu traballo á Norma. Todo elo, culmina coa concesión deste certificado de seguridade e calidade e o dereito de uso da marca AENOR, que evidencia a conformidade do seu sistema de traballo coa norma UNE-EN ISO 179003.

Leer más:  Ingresado en planta con evolución favorable el hombre apuñalado en el Orzán, en A Coruña

A concesión desta acreditación é, polo tanto, un recoñecemento ao traballo de todos os profesionais dos Hospitais de Día de Oncohematoloxía do HULA, Costa e Monforte, que buscan ofrecer a máxima calidade aos usuarios, optimizar as súas funcións, conseguir a maior eficacia na práctica clínica e, sobre todo, mellorar a seguridade do paciente, obxectivos polos que día a día traballan os profesionais de toda a EOXI, pois hai que lembrar, tamén, que a planta de hospitalización de oncohematoloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti conta, dende o ano 2013, cunha certificación deste tipo. 


- Te recomendamos -