Inicio Galicia Ados chama á doar sangue á cidadanía co gallo da festividade do...

Ados chama á doar sangue á cidadanía co gallo da festividade do 25 de xullo e recalca a importancia de incrementar as doazóns de sangue dos grupos A positivo B positivo e 0 negativo

0

A Axencia de Doazóns de Órganos e Sangue comunica que é preciso aumentar o número de doazóns da sangue durante o verán, especialmente nas xornadas anteriores ás operacións de tráfico de entrada e saída de vacacións


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado a participación de toda a cidadanía na campaña de doazón de sangue Verán 2020 e, moi especialmente aos grupos A positivo, B positivo e O negativo. ADOS lembra que as datas inmediatamente anteriores e posteriores ás festividades que coinciden coas operacións de tráfico de entrada e saída de vacacións, fan preciso aumentar a participación da cidadanía nas campañas de doazón de sangue.

ADOS lembra que, mensualmente, os nosos hospitais precisan ao redor de 10.000 doazóns de sangue, cifra que non diminúe no verán, pola contra, o período estival ofrece dificultades engadidas ao desenvolvemento das campañas de doazón por parte da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, especialmente pola deslocalización dos doadores e doadoras.

A dirección de ADOS convida aos galegos e galegas a continuar amosando a súa xenerosidade e solidariedade e, aínda que nestes días precísanse aumentar o número de doazóns de todos os grupos sanguíneos, recalca especial mención do Cero negativo.

Facilitar a participaciónA Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agarda, novamente, contar coa positiva resposta da cidadanía ao seu chamamento solidario e para iso ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas:  DATA

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre