Inicio Galicia Activos dous incendios forestais no concello ourensán de Vilariño de Conso que...

Activos dous incendios forestais no concello ourensán de Vilariño de Conso que afectan ao parque natural do Invernadoiro

0

Segundo as primeiras estimacións, afectan unha superficie de 5 e 1,5 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de dous lumes activos no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Hedrada, que afectan ao parque natural do Invernadoiro.

Ambos incendios comezaron ás 16,10 h. desta tarde e, segundo as primeiras estimacións, afectan superficies de 5 e 1,5 hectáreas respectivamente. No lugar traballan 1 técnico, 4 axentes, 13 brigadas, 4 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Leer más:  El juez Luís Villares pide retirarse del tribunal del parque eólico en Mondoñedo que criticó cuando era parlamentario

- Te recomendamos -