Inicio Galicia Activo un incendio forestal no concello ourensán do Carballiño, parroquia homónima

Activo un incendio forestal no concello ourensán do Carballiño, parroquia homónima

0

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo no concello ourensán do Carballiño, parroquia homónima.

O incendio iniciouse ás 16,01 h. desta tarde e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas. No control deste incendio están traballando 3 axentes, 4 brigadas, 3 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre