Inicio Galicia Activo un incendio forestal no concello ourensán de Padrenda, parroquia de San...

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Padrenda, parroquia de San Pedro da Torre

0

O incendio entrou por Portugal e segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo no concello ourensán de Padrenda, parroquia de San Pedro da Torre.

O incendio entrou por Portugal ás 06,55 h. desta mañá e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas. No control deste incendio están traballando 3 axentes, 2 brigadas, 1 motobomba, 1 técnico e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre