Inicio Galicia Activo un incendio forestal no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia...

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo

0

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo.

O lume comezou esta tarde ás 16,08 h. e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No lugar mobilizáronse 2 axentes, 10 brigadas, 2 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre