Inicio Galicia Activo un incendio forestal no concello lugués do Vicedo, parroquia de San...

Activo un incendio forestal no concello lugués do Vicedo, parroquia de San Román de Vale

0

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo no concello lugués do Vicedo, parroquia de San Román de Vale.

O incendio iniciouse ás 13,09 h. deste mediodía e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. No control deste incendio están traballando 1 técnico, 1 axente, 7 brigadas, 5 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre