Inicio Galicia Activo un incendio forestal no concello coruñés de Rianxo, parroquia do Araño

Activo un incendio forestal no concello coruñés de Rianxo, parroquia do Araño

0

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas 

A Consellería do Medio Rural informa dun lume activo arestora no concello coruñés de Rianxo, parroquia do Araño, tras comezar esta tarde ás 15,10 horas.

Segundo as primeiras estimacións, o incendio afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. No lugar mobilizáronse 1 técnico, 4 axentes, 12 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Leer más:  El BNG presentará propuestas en el Congreso y el Senado para conocer la postura del Gobierno sobre la instalación de Altri

- Te recomendamos -