Inicio Galicia Activo un incendio forestal no concello coruñés de Boiro, parroquia de Lampón

Activo un incendio forestal no concello coruñés de Boiro, parroquia de Lampón

0

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo arestora no concello coruñés de Boiro, parroquia de Lampón.

O incendio iniciouse ás 23,41 h. de onte e, segundo as primeiras estimacións provisionais, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. No control deste incendio están traballando 5 axentes, 5 brigadas, 3 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre