Inicio Galicia Activada a alerta laranxa por tormentas nas provincias de Lugo e Ourense

Activada a alerta laranxa por tormentas nas provincias de Lugo e Ourense

0

A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións e consultar a súa web www.axega112.gal 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta ten activada a alerta laranxa por tormentas nas provincias de Lugo (Montaña e Sur) e Ourense (Sur, Montaña e Valdeorras).

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), as tormentas poderán ir acompañadas por saraibas e refachos moi fortes de vento.

Estará tamén activado un aviso amarelo por tormentas noutras zonas das provincias de Ourense, Lugo, Pontevedra e Coruña.

Ademais, haberá choivas con precipitacións acumuladas que poden superar os 15 mm por hora (nivel amarelo) en todas as zonas afectadas por tormentas.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Aconséllase extremar as precaucións e consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre