Inicio Galicia Accidentado un hidroavión do operativo portugués de extinción nun incendio no concello...

Accidentado un hidroavión do operativo portugués de extinción nun incendio no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

0

A Consellería do Medio Rural informa de que un hidroavión do operativo portugués de extinción sufriu un accidente mentres actuaba nun lume no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. De momento descoñécense máis datos sobre o sinistro.

O lume, que entrou en Galicia desde a parte portuguesa do parque natural, iniciouse ás 8,00 h. desta mañá e a esta hora permanece activo. Segundo as primeiras estimacións, afecta unhas 10 hectáreas na nosa comunidade. No control do incendio levan traballado 4 axentes, 8 brigadas, 3 motobombas, 9 avións e 5 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre