Inicio Galicia Ábrese a convocatoria do programa 'Iacobus' de mobilidade académica na Eurorrexión

Ábrese a convocatoria do programa 'Iacobus' de mobilidade académica na Eurorrexión

0

A convocatoria de estadías de investigación xa vai pola súa sétima edición


Hoxe, luns 28 de outubro, ábrese a convocatoria do programa Iacobus-Estadías de investigación e do Iacobus Publicacións Científicas (Papers), impulsados pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. O prazo estará aberto ata o próximo 29 de novembro no primeiro caso; e ata o 9 de decembro no segundo.

O Iacobus-Estadías de Investigación, que xa vai pola súa sétima edición, é un programa de gran éxito no mundo universitario da Eurorrexión. Suma máis de 1.400 candidatos nas edicións anteriores, entre os que foron seleccionados 798 proxectos de investigación en múltiples áreas de coñecemento.

Ten como obxectivo fomentar a cooperación entre os recursos humanos das institucións e ensino superior e centros tecnolóxicos da Eurorrexión, a través dun sistema de intercambio transfronteirizo de profesores, investigadores, persoal administrativo e de servizos, xestores de innovación e técnicos de I+D+i.

Pola súa banda, o Iacobus-Publicacións científicas (Papers) vólvese convocar este ano, na que é a súa segunda edición. A finalidade deste programa é fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e divulgación científica a través de axudas económicas para a publicación de artigos científicos e de investigación en revistas de prestixio.

Sesións de presentaciónA Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión está realizando actualmente sesións de presentación e resolución de dúbidas sobre estes programas. Xa se desprazaron ata Vigo e a Coruña; hoxe estarán na Universidade do Minho; mañá na o Porto; o 5 de novembro na de Santiago de Compostela; e o 13 de novembro da de Trás-os Montes e Alto Douro. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre