Inicio Galicia Abre o prazo de solicitudes para a pesca da lamprea nas augas...

Abre o prazo de solicitudes para a pesca da lamprea nas augas do río Tea para a tempada do 2020

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se fixa a normativa para a práctica da pesca desta especie e se fixa a data do sorteo para a adxudicación dos postos de pesca para a colocación de estacadas no río


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda abre o prazo de presentación de solicitudes para a pesca da lamprea nas pesqueiras do río Tea. Así se recolle na Orde publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), co fin de autorizar a pesca da lamprea e se fixa o período para a tempada de 2020.

A lamprea (Petromizon marinus) é unha especie piscícola moi particular no que respecta ao seu aproveitamento, no que se seguen a utilizar procedementos e artes tradicionais que están prohibidos para o resto das especies.

Segundo a normativa que se publica hoxe, as lampreas péscanse desde pontóns de madeira (estacadas) autorizadas previamente. En cada unha pescan 4 persoas, un posto ao que os pescadores acceden mediante un sorteo previo.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días a partir de mañá, e os pescadores deberán estar en posesión da correspondente licenza e autorizados con permisos de 4ª categoría. Tamén deberán estar en posesión do libro de rexistro de capturas, debidamente cuberto e a disposición das autoridades.

O sorteo para a adxudicación dos postos de pesca para a colocación de estacadas no Tea terá lugar no refuxio da Freixa (Ponteareas) o 17 de xaneiro de 2020, ás 11 horas.

Na vindeira tempada, o período hábil de pesca estenderase do 3 de febreiro ao 10 de maio e realizarase en días alternos: o luns, mércores e venres desde as estacadas impares; e martes, xoves e sábados desde as pares. Prohíbese a pesca desde as 8,00 horas dos domingos ata as 21,00 horas dos luns; polo tanto, permítese a pesca desde as 21:00 horas do día autorizado ata as 08:00 horas do día seguinte.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre