Inicio Galicia Abre o prazo de solicitude ata o 10 de setembro das axudas...

Abre o prazo de solicitude ata o 10 de setembro das axudas para a contratación de 264 técnicos de emprego

0

O Goberno galego apoia con 3,25 millóns de euros aos concellos e ás entidades sen ánimo de lucro que, a través da Rede de Técnicos de Emprego, axudan ás empresas a desenvolver os seus proxectos


Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2018.- A Xunta investirá 3,25 millóns de euros no impulso da Rede de Técnicos de Emprego de Galicia apoiando a contratación e o mantemento dos 264 axentes que na actualidade forman esta infraestrutura especializada na promoción do emprego. O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria deste ano que ten como obxectivo contribuír á dinamización e xeración de novas actividades empresariais no ámbito local e rural e á inserción laboral de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

O prazo de solicitude, tanto para os concellos como para as entidades sen ánimo de lucro, remata o próximo 10 de setembro.

O Goberno galego, dunha banda, destina 2,2 millóns para apoiar nos concellos galegos a contratación ou prórroga dos axentes de emprego e desenvolvemento local (AEDL) que colaboran na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial. O traballo destas persoas consiste fundamentalmente en axudar ás empresas a desenvolver os seus proxectos, o que contribúe a impulsar a aposta do Goberno galego por fixar poboación no rural.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

A contía máxima dos apoios que se conceden por cada axente é de 27.046 euros anuais. Para a resolución destas axudas tense en conta a media de paro rexistrado no ano 2017 no concello que solicita o apoio. Na actualidade, existen en Galicia 224 AEDL.

Outras das funcións que realizan os axentes de emprego son o acompañamento técnico no inicio de proxectos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e o apoio aos promotores das empresas, unha vez constituídas, ademais de ofrecerlles asesoramento técnico durante as primeiras etapas de funcionamento mediante a aplicación de técnicas de consultaría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos para contribuír á boa marcha das compañías creadas.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria tamén dedica máis dun millón de euros ás entidades sen ánimo de lucro para apoialas na contratación ou mantemento dos axentes de emprego e unidades de apoio que colaboran na inserción laboral de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. A contía que reciban as asociacións dependerá do número de persoas contratadas e o período.

Leer más:  Sartorius pide "pasar a la ofensiva" ante la operación de "acoso" a "la democracia" y solicita que Sánchez "aguante"

O impulso da Rede de Técnicos de Emprego de Galicia forma parte da Axenda 20 coa que o Goberno galego está estimulando a creación de emprego estable e de calidade. O impulso da Rede tamén se enmarca na aposta do Goberno galego polo emprendemento.  


- Te recomendamos -