Inicio Galicia Aberto o prazo de presentación de solicitudes para as prazas de bolseiros...

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para as prazas de bolseiros nas residencias xuvenís da Xunta de Galicia

0

Ofértanse 15 prazas para mozas e mozos estudantes que teñan cumpridos os 18 anos e non superen os 30


Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2019.- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado oferta 15 prazas para mozas e mozos que queiran colaborar como bolseiros nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2019-2020. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte esta convocatoria, polo que e as persoas interesadas teñen desde hoxe un mes de prazo para presentar as solicitudes.

As persoas beneficiaras destas axudas de bolseiros e colaboradores disporán de aloxamento e mantenza gratuítos a cambio de desenvolver labores de dinamización xuvenil. As tarefas nas que participarán están relacionadas principalmente coa dinamización dos centros en actividades de información xuvenil, biblioteca, informática ou deporte, entre outras. As mozas e mozos contarán coa asistencia dun titor ou titora que coordine e dirixa as funcións que desempeñen.

A distribución de prazas por centros é a seguinte: 6 no de Altamar de Vigo, 5 na residencia Florentino López Cuevillas de Ourense e outras 4 no cetro residencial xuvenil LUG2. Os solicitantes deberán ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso. Así mesmo, terán que cursar estudos universitarios, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior que admitan polo seu contido e saídas profesionais prácticas a través das tarefas que se poden desenvolver nas residencias xuvenís. Outro dos requisitos é ter unha renda media familia que non supere o 150% do Iprem.

Coa realización desta convocatoria preténdese favorecer o acceso ao ensino universitario e outros estudos superiores a estudantes con escasos recursos e, ao mesmo tempo, dotar de persoal de apoio no eido educativo e asistencial as residencias xuvenís. Cómpre indicar que nestas instalacións, ademais do aloxamento e mantenza, ofrécese ás mozas e mozos residentes unha serie de servizos e actividades de convivencia e educativas complementarias. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre