Inicio Galicia Aberto o prazo de inscrición para un curso de formación en liña...

Aberto o prazo de inscrición para un curso de formación en liña sobre turismo sostible e financiamento na Unión Europea

0
image_gallery.jpg

A iniciativa, que terá lugar entre o 9 e o 13 de novembro, vai dirixida a profesionais en situación de desemprego, período de formación ou mellora laboral de Galicia ou do Norte de Portugal


A Fundación Galicia Europa vén de abrir o prazo de inscrición para o curso de formación en liña Novas estratexias para un turismo sostible. As empresas turísticas, a súa evolución, futuro e liñas de financiamento na Unión Europea. A iniciativa, que terá lugar entre o 9 e o 13 de novembro, oferta un total de 20 prazas, que se outorgarán por orde de inscrición. Os interesados poden anotarse a través do seguinte enlace.

O obxectivo do curso é presentar novas habilidades e competencias aos profesionais do sector turístico, que faciliten a adaptación ao momento actual a través de ideas innovadoras e creativas, apoiadas nas novas tecnoloxías e ferramentas de servizos. Así, búscase mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude, mediante a realización de actividades de titorización e asesoramento individualizado, formación personalizada, e coaching persoal tanto ao largo do curso como posteriormente.

A actividade vai dirixida a profesionais en situación de desemprego, período de formación, mellora laboral, ou adaptación da súa iniciativa económica ou emprendedora, da Galicia ou do Norte de Portugal. A asistencia será obrigatoria a todas as sesións para poder optar ao diploma de asistencia. Ao final dos obradoiros haberá unha sesión práctica na que deberán participar os alumnos.

Proxecto LIDERAO curso é unha actividade do proxecto LIDERA, que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). Está dotado cun orzamento de 1,4 millóns de euros e conta cun financiamento do 75 % de fondos FEDER e unha duración de cinco anos (2016-2020).

O seu obxectivo é promover o desenvolvemento económico transfronteirizo en Galicia e o norte de Portugal a través do fomento das capacidades laborais e de emprendemento da mocidade. As actividades impulsadas por LIDERA están orientadas a loitar contra o desemprego xuvenil, a fuga de talento e conceder as ferramentas necesarias para que este colectivo sexa un motor de pulo económico destas rexións.

Son socios do proxecto: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela; Instituto Português do Desporto e da Xuventude (IPDJ) e a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre