Inicio Galicia Aberto o prazo de inscrición para formar parte do programa ?Correspondentes Universitarios?

Aberto o prazo de inscrición para formar parte do programa ?Correspondentes Universitarios?

0
image_gallery.jpg

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado busca fomentar a difusión de información de interese para as mozas e mozos


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en colaboración coas universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela, abriu o prazo para inscribirse no programa Correspondentes Universitarios, que fomenta a difusión de diferentes programas, accións e iniciativas que a Xunta de Galicia ofrece ás mozas e mozos.

As persoas interesadas en formar parte desta iniciativa poderán inscribirse desde hoxe mesmo mediante un formulario electrónico. Os requisitos serán manter a condición de estudante dalgunha das titulacións das tres universidades durante o curso 2020/2021 e ter un máximo de 30 anos no momento da solicitude. As funcións destes correspondentes serán difundir entre o alumnado información que poida ser do seu interese, xestionar regularmente un taboleiro ou sistema de divulgación e asistir ás reunións de coordinación que se convoquen, así como aos cursos de formación organizados pola Dirección Xeral ou as universidades. Como novidade, os participantes deste ano tamén realizarán divulgación das medidas contra a covid-19.

O curso pasado participaron nesta iniciativa un total de 72 mozas e mozos, dos cales 28 foron da Universidade da Coruña, 25 da Universidade de Santiago e 19 da Universidade de Vigo.

Beneficios das voluntarias e voluntariosAs voluntarias e voluntarios que decidan converterse en correspondentes accederán a unha serie de beneficios, desde recibir información xuvenil de interese a unha formación gratuíta en materia de xuventude, así como a obtención gratuíta do Carné Xove, o Carné Internacional de Estudantes (ISIC) e o Carné de Alberguista durante o curso escolar no que estean inscritos.

Así mesmo, recoñeceráselle o tempo dedicado como persoas voluntarias, as universidades expediranlles unha certificación a aqueles que acrediten a súa participación para os efectos da solicitude de créditos e poderán participar gratuitamente, durante unha fin de semana, nun encontro autonómico de correspondentes no que se incluirán aloxamento, a mantenza e a programación de actividades. Esta actividade realizarase sempre e cando a situación epidemiolóxica o permita.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre