Inicio Galicia Aberto o prazo de inscrición para a cita que pecha o ciclo...

Aberto o prazo de inscrición para a cita que pecha o ciclo ?Monumenta, andar con arte?, que terá lugar na Illa de Ons

0

‘Urbano Lugrís e o Parque Nacional das Illas Atlánticas’ é a actividade que o vindeiro domingo 2 de setembro pecha as andainas deste 2018


O ciclo Monumenta, andar con arte remata o seu percorrido este ano e farao levando aos participantes na última andaina á Illa de Ons para examinar a relación entre paisaxe e arte. A cita é o domingo 2 de setembro, ás 10.00 horas, no porto de Bueu, onde se collerá o barco para trasladarse á illa.

O prazo de inscrición para participar na actividade Urbano Lugrís e o Parque Nacional das Illas Atlánticas está aberto desde mañá sábado e ata o vindeiro mércores 29 na web do programa http://monumentagalicia.com e a admisión realízase por orde de inscrición, na que hai que indicar se algún dos participantes é menor de 13 anos.

Unha perspectiva diferente sobre o parque naturalA andaina Urbano Lugrís e o Parque Nacional das Illas Atlánticas vai facer unha aproximación á obra dos Lugrís, pai e fillo, ofrecendo unha perspectiva diferente sobre o parque natural, achegando unha visión da paisaxe desde o punto de vista dos artistas. Os camiñantes convidados son a artista, investigadora e docente Iria Vázquez; o comisario e crítico de arte Xosé Carlos López Bernárdez e a espeleóloga Beatriz Bruna. A proposta musical chega, neste caso, nas voces de Dous, un grupo de música popular formado por Fernando Abreu e Pablo Carrera.

Leer más:  Dos empresarios están siendo investigados por el mal estado de las ruedas de un camión de su empresa que circulaba por Vilalba

Monumenta pecha así a sexta edición dunha idea que naceu como experiencia para vivir e sentir o patrimonio, apreciando ao camiñar a súa singularidade cultural e paisaxística. A Secretaría Xeral de Cultura procura ademais con esta iniciativa contribuír cunha oferta cultural descentralizada, moi vinculada co local.

Pódese consultar a programación completa sobre o ciclo na páxina web www.cultura.gal e mais en http://monumentagalicia.com/, onde cómpre realizar a inscrición.  


- Te recomendamos -