Inicio Galicia Aberto o prazo de inscrición nos oito campos de voluntariado que oferta...

Aberto o prazo de inscrición nos oito campos de voluntariado que oferta a Xunta este verán na provincia da Coruña

0

Póñense á disposición dos maiores de 18 anos de Galicia un total de 96 prazas na Coruña


A Coruña, 27 de xuño de 2020.- A Xunta de Galicia abriu o prazo para inscribirse nun dos oito campos de voluntariado que oferta a Xunta de Galicia dentro da campaña O verán que necesitas na provincia da Coruña. Poranse á disposición dos maiores de 18 anos da comunidade un total de 96 prazas repartidas en campos adaptados ao novo escenario provocado pola crise sanitaria da Covid-19 nas comarcas da Coruña, Barbanza, Santiago, Ferrol e Bergantiños-Costa da Morte. A situación provocada pola emerxencia sanitaria derivada da covid-19 fai moi necesario ofertar á mocidade un recurso de educación non formal para o tempo de lecer. Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a tolerancia e a solidariedade. Polo tanto, permitiralles beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dunha experiencia enriquecedora.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre