Inicio Galicia A Xunta vén de adxudicar os traballos de restauración da igrexa de...

A Xunta vén de adxudicar os traballos de restauración da igrexa de Santa Cruz do Incio cun orzamento de 130.000 euros

0

As obras incluirán a renovación de instalacións e carpinterías e unha nova escaleira de acceso á torre, entre outras actuacións

A Consellería de Cultura e Turismo vén de adxudicar as obras de restauración da igrexa de Santa Cruz do Incio, en Lugo, por valor de 130.000 euros. Os traballos terán un prazo de execución de catro meses.

A actuación inclúe a incorporación de illamento térmico en toda a superficie da cuberta, o acondicionamento da zona da sancristía coa renovación de instalacións e carpinterías, a execución dunha nova escaleira de acceso á torre, a impermeabilización da cuberta do campanario ou a actualización e mellora da instalación eléctrica do edificio. O obxectivo destas actuacións é evitar filtracións no inmoble, mellorar o illamento térmico do mesmo e facer máis accesibles os espazos públicos da igrexa.

A igrexa de Santa Cruz do Incio foi construída entre os anos 1961 e 1963 e o seu proxecto urbanístico foi obra do arquitecto José Luís Fernández de Amo, un dos máis importantes representantes da nova arquitectura española do século XX. O templo contén exemplos da arquitectura tradicional da zona, entre os que destacan o uso de lousa na cuberta, a presenza de pedra e panos brancos nas fachadas, o emprego do mármore do Incio no pavimento e outros elementos do interior que aínda se conservan.

No seu deseño tamén colaboraron o escultor José Luís Sánchez Fernández Pepus, que realizou a imaxe da Virxe Dolorosa, a Cruz Procesional e máis o Sagrario, o vidreiro José Luís Gómez Perales, que realizou as vidreiras do Vía Crucis, e os irmáns Atienza que fixeron o resto dos lucernarios do templo.

A igrexa constitúe unha das mellores pezas arquitectónicas da provincia do século XX, conxuga os materiais tradicionais con outros de carácter industrial dando lugar a un conxunto moderno e harmonioso no que destaca o campanario como gran protagonista.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre