Inicio Galicia A Xunta valora que o xulgado recoñeza que a Área Metropolitana de...

A Xunta valora que o xulgado recoñeza que a Área Metropolitana de Vigo non se atopa en situación de indefensión

0

A resolución do recurso presentado polo concello de Vigo ademais mantén a declaración da caducidade do trámite de conclusións

A Xunta valora que o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo recoñeza que a Área Metropolitana non se atopa en situación de indefensión na súa tutela xudicial e que así se poida seguir cos prazos da resolución xudicial. Ademais esta resolución do recurso interposto polo concello de Vigo mantén a declaración de caducidade do trámite de conclusións.

O Xulgado rexeita a pretensión do concello de que a Área se atopa indefensa e polo tanto non podían presentar o escrito de conclusión solicitado, cun decreto no que aclara especificamente que non se atopa en situación de indefensión e pode actuar a través do seu representante procesual. Ditamina tamén que o escrito de conclusións se presente no propio día da notificación do Decreto ou no primeiro día hábil seguinte a notificación.

A Xunta espera que a resolución xudicial da Área Metropolitana de Vigo se resolva o antes posible, polo que o Goberno galego está colaborando e colaborará no proceso xudicial defendendo sempre a mesma postura, que se cumprise a legalidade, e que non se privase aos veciños de Vigo e da súa comarca das vantaxes que xa teñen noutras cidades. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre