Inicio Galicia A Xunta valora que o Ministerio de Xustiza rectifique coa creación dun...

A Xunta valora que o Ministerio de Xustiza rectifique coa creación dun xulgado en Santiago e agarda que faga o propio con Lugo

0

A Administración autonómica está a espera de recibir a comunicación oficial que confirme que se creará un novo xulgado do social na capital galega

A Xunta valora que o Ministerio de Xustiza decidise rectificar e crear un novo xulgado do social en Santiago de Compostela, tal e como anunciou hoxe a Delegación do Goberno en Galicia. Agora, a Administración autonómica agarda tamén que fagan o propio coa posta en marcha dun novo xulgado en Lugo. En calquera caso, aínda non se recibiu ningunha comunicación oficial que ratifique a posta en marcha do xulgado na capital galega.

Cómpre recordar que, como se fai habitualmente cando se aborda a creación de novas unidades xudiciais, a Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acordaran o pasado ano no seo da Comisión Mixta solicitar ao Ministerio de Xustiza a creación de tres novos xulgados do Social en Vigo, Santiago de Compostela e Lugo, tendo en conta os datos obxectivos de cargas de traballo.

Sen embargo, a semana pasada o Ministerio respondía a esta petición aceptando a creación do xulgado social en Vigo, pero desbotando o de Santiago de Compostela e Lugo, en favor da creación dun novo xulgado de primeira instancia na Coruña e dunha praza de maxistrado, tamén na cidade herculina.

Dado que non se tiñan en conta a proposta inicial de Galicia, a comisión Mixta formada pola Xunta e o TSXG reuniuse de urxencia onte mesmo para ratificar que a creación dos tres xulgados do social é prioritaria. Segundo as últimas informacións facilitadas pola Delegación do Goberno, o Ministerio de Xustiza considera agora a creación do xulgado de Santiago de Compostela, pero segue sen ter en conta a petición de Lugo.

Xa para rematar, a Xunta volveu a mostrar a súa disposición a poñer en marcha aínda máis unidades xudiciais das inicialmente solicitadas.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre