Inicio Galicia A Xunta valora positivamente o uso que as federacións deportivas están a...

A Xunta valora positivamente o uso que as federacións deportivas están a dar ás instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública

0

As federacións deportivas están a utilizar o recinto para as concentracións das seleccións galegas e cursos de formación e tecnificación para deportistas e outras actividades, ao abeiro do convenio asinado no mes de maio entre o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e presidente do Consello Reitor da AGASP e a Secretaría Xeral para o Deporte

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle asegura que o convenio asinado o pasado 24 de maio coa Academia Galega de Seguridade Pública “dá os seus froitos de forma moi satisfactoria” unha vez que xa é de uso para moitas federacións que están a utilizar as instalacións da AGASP para desenvolver actividades de avaliación, formación ou tecnificación de deportistas, seguimento de categorías base e concentracións das seleccións galegas.

Das 58 federacións deportivas galegas que poden facer uso das instalacións ao abeiro do convenio xa comezaron a utilizalas, entre outras:- A Federación Galega de Tiro Olímpico que celebrou no mes de xullo un curso de adestrador da modalidade de percorridos de tiro (IPSC) de categoría rexional.- A Federación Galega de Kung FU que concentrou no mes de setembro en A Estrada a 47 instrutores da federación galega de Kung FU coa finalidade de formalos para impartir defensa persoal para as mulleres.- A Federación Galega de Baloncesto para a súa Gala e para a concentración das seleccións das categorías cadete e infantil feminina e masculina.

Ademais as instalacións xa están solicitadas para desenvolver actividades nos vindeiros meses por parte das federacións galegas de Balonmán, Montañismo e Tenis de Mesa entre outras.

A AGASP conta cunha edificación de máis de 10.000 m2 útiles situada nun recinto pechado de máis de 180.000 m2. Entre as súas instalacións destacan unha residencia con capacidade para 120 persoas,.

O Convenio que outorga autorizacións de uso sobre parte das instalacións do centro que poden incluír residencia (con capacidade para 120 persoas), diferentes tipos de aulas, laboratorios, salas para estudo, informática, conferencias e de xuntas, salón de actos, biblioteca, foxo de tiro, ximnasio, sala de tatami, áreas de esparexemento, cafetería e restaurante así como as pistas exteriores. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre