Inicio Galicia A Xunta valora positivamente o compromiso adquirido polo Goberno central coa reconstrución...

A Xunta valora positivamente o compromiso adquirido polo Goberno central coa reconstrución da parroquia de Paramos (Tui)

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, lograse a receptividade do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, en relación cos damnificados da explosión da pirotecnia ilegal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, valorou positivamente esta mañá o compromiso adquirido polo Goberno Central en relación á reconstrución da parroquia de Paramos en Tui, afectada pola explosión dunha pirotecnia ilegal.

Deste xeito, Cores Tourís destacou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, lograse a receptividade do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, en relación cos damnificados de Paramos.“Non podemos esquecer”, engadiu o delegado territorial, “que a actividade industrial pirotécnica é competencia exclusiva da Administración central, polo que valoramos enormemente que dende esta administración se apoie o financiamento das tarefas de desentullo”. Neste mesmo senso, José Manuel Cores Tourís tamén recordou que “a maiores, agardamos que o Goberno Central se comprometa a complementar as axudas autonómicas para a reconstrución de vivendas; e a que queden exentas de pagar o IBI e os impostos correspondentes ás axudas aquelas persoas cuxa casa quedou destruída ou inhabitable”.

Leer más:  Rueda exige a sus nuevos consejeros un doble deber: gobernar para todos y "superar" a los anteriores ejecutivos

O delegado territorial aproveitou para reiterar a solicitude de colaboración da Deputación de Pontevedra, recordando que “agora que xa contamos co apoio expreso da administración central, a provincial tamén de un paso adiante en apoio a estes veciños e colabore, como xa fixo a Xunta, destinando partidas extraordinarias para os afectados polo sinistro da pirotecnia. Agardamos que así o faga canto antes”.

En relación á aportación da administración autonómica, José Manuel Cores Tourís, recordou que xa se concederon 45 axudas a afectados pola explosión de material pirotécnico rexistrada en Paramos (Tui) e traballa con dilixencia para atender no menor tempo posible as restantes 29 solicitudes presentadas.

Das 74 solicitudes presentadas, xa se resolveron 45, das que 15 corresponden a axudas ao alugueiro e 30 a axudas para a rehabilitación de vivenda.

As axudas para alugueiro resoltas inclúen o pago do alugueiro da vivenda arrendada, ademais dunha axuda para o pago de gastos de contrato. O importe destas axudas ascende a 77.350 euros. No caso de danos en vivendas, a contía das axudas solicitadas é de 518.696 euros.“Quero lembrar que o importe de axudas establecidas pola Xunta de Galicia chegan aos 126.000 euros por vivendas”, engadiu o delegado territorial, “e que as de rehabilitación cobren todos os gastos que xa se teñan realizado así como calquera tipo de honorarios de técnicos que sexan necesarios. Os interesados poderán solicitar o pagamento da axuda por anticipando, de maneira que non teñan que incorrer en ningún gasto”.

Leer más:  Plataforma Ulloa Viva denuncia ante Bruselas que el proyecto de Altri en Palas de Rei viola siete Directivas europeas

Segundo recordou o delegado territorial, “o compromiso da Xunta cos damnificados de Paramos foi e é unha realidade. A Xunta actuou coa maior axilidade posible desde o primeiro momento, con atención médica e psicolóxica aos afectados; ofrecendo solucións para que os dous menores que quedaron orfos poidan continuar coa súa vida -unha reposta na que están implicados tanto os servizos de menores da Xunta, que son os que teñen a tutela, como unha familia de acollida-; e coas axudas ás familias afectadas”. Cores Tourís finalizou recordando que as axudas aprobadas pola administración autonómica en relación á explosión pirotécnica de Tui ascenden xa a máis de 7 millóns de euros.


- Te recomendamos -