Inicio Galicia A Xunta urxe ao Goberno de España a fixar unha data para...

A Xunta urxe ao Goberno de España a fixar unha data para analizar conxuntamente medidas de viabilidade que garantan a actividade e o emprego na central térmica das Pontes

0

O Goberno galego aposta pola unidade de acción en defensa das 750 familias afectadas pola parálise da actividade de Endesa a consecuencia da política enerxética do Goberno de España


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, urxiu hoxe ao Goberno de España a fixar unha data para analizar conxuntamente as medidas de viabilidade que poidan garantir a actividade e o emprego na central térmica das Pontes.

Así o trasladou tras reunirse cos responsables da área de Industria dos sindicatos CCOO, UGT e CIG e representantes dos transportistas de carbón afectados pola paralización da actividade en Endesa, que se desprazaron a Santiago acompañados polo alcalde das Pontes.

Na xuntanza, na que tamén participaron representantes da Consellería de Emprego, Economía e Industria, todos os participantes avogaron pola unidade de acción en defensa das 750 familias afectadas por esta situación, consecuencia da política enerxética impulsada polo Goberno de España.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade informou de que a Xunta está á espera de que a ministra para a Transición Ecolóxica poña data para a xuntanza solicitada polo presidente da Xunta coa fin de abordar conxuntamente a situación de Endesa e dos seus traballadores.

O Goberno galego solicitou tamén unha xuntanza con Endesa para analizar a situación.

O Goberno galego defende a necesidade de que se analicen as medidas propostas para garantir o futuro da central térmica, tales como exencións fiscais para as compañías que están a realizar investimentos para cumprir a Directiva europea de emisións, como é o caso da central das Pontes, que impulsou un investimento de 217 millóns de euros. Referiuse, tamén, á posibilidade de eliminar o céntimo verde sobre a enerxía producida con carbón, como se fixo co gas, xerando un desequilibrio; ou implantar incentivos para centrais que realicen a súa actividade con biomasa forestal. A este respecto, informou de que a Consellería de Medio Ambiente xa emitiu a súa autorización para que a central térmica das Pontes poida operar con biocombustibles.

Ethel Vázquez insistiu na necesidade de que o Goberno impulse unha transición enerxética ordenada e planificada que teña en conta o futuro dos centros de actividade e de emprego.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre