Inicio Galicia A Xunta ultima os detalles do novo estatuto que favorecerá a "transformación...

A Xunta ultima os detalles do novo estatuto que favorecerá a "transformación e modernización" da Agadic

0

O conselleiro de Cultura e Turismo avanzou no Parlamento que este texto permitirá adaptar este ente aos cambios normativos e á evolución do sector

A Xunta ultima os detalles do novo estatuto que regulará a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Anunciouno hoxe no Parlamento o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, que avanzou que este texto favorecerá a “transformación e modernización” deste ente co obxectivo de facer fronte á evolución e aos novos cambios normativos que está experimentando o sector.

Entre as novidades que introducirá este texto destaca a creación da figura do xerente da Agadic, que se encargará de coordinar a xestión administrativa da axencia. Ademais, favorecerase a inclusión na axencia do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), un centro que, aínda que funcionalmente xa estaba adscrito á propia Agadic, non o estaba a nivel estatutario. Por último, crearase un novo departamento de danza que permitirá potenciar o traballo no sector e no que se ubicará o Centro Coreográfico Galego (CCG).

Román Rodríguez amosouse convencido de que a aprobación do novo estatuto da Agadic permitirá “abrir unha nova etapa” co fin de adaptarse aos cambios dunha industria “fundamental para o futuro de Galicia” e que non deixou de medrar nos últimos anos, sendo cada vez máis relevante a nivel nacional e internacional.

Procesos de selección no CGAI e CDGNo caso do proceso de selección do novo director do CDG, o responsable de Cultura e Turismo puntualizou que o proceso, ao que se presentaron oito aspirantes, está xa nas últimas fases. Ademais, no que respecta á dirección do CGAI, anunciou que a selección do seu responsable terá lugar unha vez sexa aprobado o novo estatuto de Agadic, ao igual que sucederá co novo departamento coas responsabilidades da promoción da danza.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre