Inicio Galicia A Xunta ultima a demolición da lavandería do antigo Hospital Xeral tras...

A Xunta ultima a demolición da lavandería do antigo Hospital Xeral tras finalizar a obra de derruba da central térmica

0

A Xunta avanza nas actuacións no barrio da Residencia para liberar espazos de cara á creación dos novos servizos e edificios públicos


A obra de demolición da antiga lavandería do Hospital Xeral no barrio da Residencia avanza a bo ritmo ata o punto de que esta semana podería entrar na súa fase final, toda vez que xa se acometeu a derruba do edificio anexo correspondente á central térmica do antigo complexo hospitalario.

A Xunta de Galicia encargou á empresa pública Tragsa esta actuación, que conta cun investimento que supera os 300.000 euros e que ten por obxecto liberar espazos de cara á creación de novos servizos neste solar, en particular, a nova central de biomasa para abastecer de enerxía aos futuros edificios públicos.

Con todo, unha vez que remate a demolición en marcha quedan actuacións pendentes como a retirada dos entullos e restos do edificio, a demolición das zapatas e cimentacións e a retirada dos catro depósitos de gasoil aínda presentes neste espazo.

Cómpre lembrar que no barrio da Residencia, a Xunta xa acometeu a obra de eliminación do edificio do antigo Hospital Xeral, unha actuación rematada en setembro de 2019 e que supuxo un investimento conxunto de 3,2 millóns de euros.

O Goberno galego segue a dar pasos na súa aposta en firme para rehabilitar e revitalizar o barrio da Residencia. Un espazo no que tamén está en marcha a obra para crear o primeiro Centro Integral de Saúde de Galicia e, no que están previstos, outros servizos como a nova residencia para persoas maiores con 120 prazas, a nova oficina de formación e emprego e o centro de emprendemento da industria aeronáutica, todos eles a iniciativa da Xunta.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre