A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ãngeles Vázquez, reuniuse hoxe coa rexedora MarÃa José Gómez, a quen lle trasladou os próximos pasos a seguir para avanzar na tramitación deste instrumento de ordenación urbanÃstica
A ConsellerÃa de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicará en breve o contrato da cartografÃa que servirá de base para redactar os futuros Plan Básicos Municipais (PBM) do Concello de GuntÃn e doutros oito municipios. Asà llo trasladou esta tarde a conselleira Ãngeles Vázquez á alcaldesa deste municipio lucense, MarÃa José Gómez, no transcurso dunha xuntanza telemática na que abordaron varios asuntos de interese local.
O instrumento urbanÃstico vixente en GuntÃn é unha Delimitación de Solo Urbano (DSU) con data de aprobación de 1979, polo que se trata dun dos 37 concellos galegos para os que foi concibida a figura do Plan Básico Municipal. Cómpre lembrar que a Xunta impulsou no seu dÃa esta ferramenta co fin de que municipios de menos de 5.000 habitantes e que non contan con planeamento xeral poidan dotarse dunha ordenación básica que lles permita desenvolver certa actividade urbanÃstica pero sen establecer criterios de crecemento urbano.
A Xunta asumiu directamente a redacción do primeiro PBM de Galicia, o do Concello do Páramo, que precisamente a comezos deste mes iniciou o seu perÃodo de información pública, como paso previo á aprobación definitiva. Este documento, tal e como lembrou a conselleira, servirá de guÃa na elaboración do resto de plans básicos.
AsÃ, precisou que actualmente hai oito concellos que xa están na recta final da tramitación deste instrumento, e que no caso dun segundo grupo de municipios –nove, entre os que se atopa GuntÃn- xa se dispón das imaxes aéreas necesarias para realizar a cartografÃa que servirá de base na elaboración dos seus PBM. Unha vez completada a cartografÃa destes nove concellos, engadiu, comezarase coa redacción dos respectivos plans, uns traballos nos que a Xunta investirá máis de 765.000 euros e que se adxudicarán tamén este mesmo ano.
Neste sentido, Ãngeles Vázquez trasladoulle á alcaldesa que o Goberno galego pretende darlle un pulo importante en 2021 aos Plans Básicos Municipais, polo que nos orzamentos da súa ConsellerÃa se reserva unha partida de 842.000 euros para sufragar os custos relativos ao cartografado, elaboración e aprobación destes documentos.
Proxecto de mellora dunha área recreativaNoutra orde de asuntos, a ConsellerÃa tamén estudará a posibilidade de colaborar co Concello de GuntÃn nun proxecto municipal para mellorar a área recreativa das piscinas municipais no rÃo Ferreira. Neste sentido, cómpre lembrar que a Xunta leva 10 anos apoiando ás entidades locais a través do chamado Plan Hurbe na execución de diferentes tipos de intervencións e proxectos urbanÃsticos que contribúan a crear, mellorar ou humanizar equipamentos de uso común e colectivo.
De feito, GuntÃn foi un dos concellos que se beneficiou deste programa, grazas ao cal no ano 2016 puido levarse a cabo a rehabilitación da estrada do grupo escolar, unha obra na que se investiron 60.000 euros, cofinanciados entre a ConsellerÃa e o propio Concello.
Neste sentido, Ãngeles Vázquez comprometeuse a analizar este novo proxecto urbanÃstico na contorna das piscinas municipais do concello, lembrando que nos orzamentos de 2021 o seu departamento dispón de case 7,5 millóns para colaborar en actuacións destinadas tanto á mellora de equipamentos públicos como á humanización das contornas urbanas.