Inicio Galicia A Xunta trasladará ao Congreso dos Deputados unha PNL con medidas para...

A Xunta trasladará ao Congreso dos Deputados unha PNL con medidas para que pemes e autónomos poidan acceder a un custo eléctrico rebaixado

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes dos Clústers do Granito, do Téxtil da Moda e do Turismo e da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) para informar sobre as popostas da Xunta


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe unha reunión con representantes dos Clústers do Granito, do Téxtil da Moda e do Turismo e da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) para informar sobre as medidas que se pretenden adoptar para mellorar o custo da tarifa eléctrica que pagan pemes e autónomos.

Neste sentido, tal e como explicou o conselleiro, vaise trasladar unha proposición non de lei (PNL) ao Congreso dos Deputados para prorrogar a vixencia do artigo 42 do RDL 11/2020 –que trata a flexibilización dos contratos de subministración de electricidade para autónomos e empresas- durante 18 meses máis a partir da finalización do período de tres meses posterior ao estado de alarma ou suspender o límite vixente sobre o número de veces que se pode modificar a potencia contratada durante 24 meses. Tamén proporá que a facturación se efectúe en función da potencia efectivamente utilizada e non da contratada.

Ademais, publicaranse unhas recomendacións dirixidas a empresas distribuidoras de electricidade, entre as que se atopan que autónomos e empresas poidan solicitar cantas modificacións do contrato ou cantos novos valores dos parámetros técnicos lles sexan necesarios; que as modificacións se realicen nun máximo de cinco días naturais, con efecto económico desde a solicitude; que os suxeitos que volvan contratar un nivel de potencia similar ao que tiñan contratado antes da crise non abonen os dereitos de accesos, nin de verificación das instalacións, nin por actuacións nos equipos de medida e que as instalacións de baixa tensión de máis de 20 anos queden eximidas do control previsto na normativa.

Con estas medidas, preténdese seguir dando apoio ao tecido empresarial e industrial galego nestes momentos de dificultade para que poidan recuperar a súa actividade o máis axiña posible e conseguir a inmediata reactivación económica de Galicia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre