Inicio Galicia A Xunta trasládalle ao Concello de Outes a disposición a cofinanciar as...

A Xunta trasládalle ao Concello de Outes a disposición a cofinanciar as obras de mellora da depuradora

0

Augas de Galicia remitiralle ao Concello unha proposta de convenio de colaboración para axilizar a súa tramitación e avanzar no proxecto de saneamento

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, trasladoulle ao alcalde de Outes, Manuel González, a disposición da Xunta a cofinanciar un terzo das obras de mellora da depuradora.

Teresa Gutiérrez mantivo hoxe un encontro co rexedor de Outes para abordar o impulso deste proxecto de saneamento.

A directora indicou que Augas de Galicia lle remitirá ao Concello unha proposta de convenio de colaboración para poder axilizar a súa tramitación e avanzar nas actuacións. A Administración local licitará e executará os traballos.

O proxecto construtivo, que está a ultimar o Concello, prevé un orzamento de 300.000 euros para acometer a reparación da planta coa fin de incrementar a eficiencia no seu funcionamento.

A Xunta continúa achegando apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan prestar aos veciños os servizos de saneamento e abastecemento, que son da súa competencia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre