Inicio Galicia A Xunta trasládalle á Confraría de Celeiro que a nova ponte sobre...

A Xunta trasládalle á Confraría de Celeiro que a nova ponte sobre a ría de Viveiro é a alternativa de menor impacto e executarase con plenas garantías ambientais para as actividades pesqueira e portuaria

0

Vázquez Mourelle subliña que esta infraestrutura é unha opción que presenta menos afeccións ambientais, reduce o impacto sobre o territorio e as persoas e presenta unha maior viabilidade técnica e económica

As conselleiras de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e do Mar, Rosa Quintana, mantiveron esta tarde unha xuntanza con representantes de Puerto de Celeiro e da Confraría de pescadores, na que lle trasladaron que a nova ponte sobre a ría de Viveiro é a alternativa de menor impacto para a variante e executarase con plenas garantías ambientais para a actividade pesqueira e portuaria.

Vázquez Mourelle explicoulles hoxe aos asistentes á citada xuntanza os pasos que o Goberno galego está a dar co obxectivo de mellorar as conexións da Mariña Lucense coas comarcas de Ortegal e Ferrol.

No marco deste impulso da mellora das comunicacións nesta área, o Executivo autonómico licitou o mes pasado a redacción do estudo informativo e de impacto ambiental e do proxecto de construción da actualización da Vía de Altas Prestacións (VAP) da Costa Norte, no treito entre San Sadurniño e Sanguiñeira, así como da nova ponte sobre a ría de Viveiro e a conexión da VAP coa estrada LU-540.

A titular de Infraestruturas subliñou que no referente á VAP, na parte da Mariña Lucense, tense avaliado que unha nova ponte sobre a ría de Viveiro é unha opción que presenta menos afeccións ambientais, reduce o impacto sobre o territorio e as persoas e ofrece unha maior viabilidade técnica e económica.

Indicou que a infraestrutura proxectada, con respecto ao trazado da variante interior, reducirá á metade o tempo de conexión entre Celeiro e Covas, sen penalizar os desprazamentos que vaian cara Lugo, posto que precisarán do mesmo tempo de percorrido.

Trátase dunha ponte de 1,7 km que se completará cunha nova vía cara o sur, da que se estudará o mellor trazado posible. Deseñarase cos criterios estéticos precisos para converterse nun símbolo da comarca, como ten conseguido, por exemplo, a Ponte dos Santos en Ribadeo ou a variante de Noia.

Ethel Vázquez lembrou que a variante de Noia é unha estrada cuxa traxectoria garda certos paralelismos co proxecto hoxe abordado para Viveiro. Neste sentido, puxo en valor o acerto de deixar a alternativa da variante interior e cambiala por unha ponte sobre a ría porque o impacto sobre o medio e as persoas foi o mínimo posible e a estrada foi viable técnica e economicamente nun prazo moito máis curto.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre